Everest Galicia, dentro da súa colección Ler é vivir, achega un novo libro de María Canosa con ilustracións de Dani Padrón, Ana xa chegou, que dá a benvida a un novo membro familiar. Ademais da familia, hai alguén especial agardando
por ela, un compañeiro que viaxou desde lonxe para estar sempre ao seu carón. E xuntos irán descubrindo o que a existencia brinda.
Por outra banda, Manel Cráneo continúa coa serie Planeta Mincha mediante unha nova entraga, DiaRio
de PiChüK. O longo longöbio de Longölia, todo el deste creador multifacético que achega a esta proposta infantil todo o seu saber, orixinario da banda deseñada. Nesta nova aventura, percorreremos xunto a Pichük e Riböt a
rexión de Longölia, na procura dunha das máis grandes e enigmáticas especies do
Planeta Mincha. Moita creatividade ao servizo dunha historia de gran imaxinación, coa invención dun mundo absolutamente fantástico de planeta e seres, de paisaxes e obxectos que abre as fronteiras do coñecido.
Cráneo, ademais,ten unha web propia para o Planeta Mincha e unha tenda a través da que facer chegar os produtos, que con ese motivo crea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario