As noites de Xián de Concha Blanco ilustrado por Dani Padrón na
colección Merliño.
A historia dun neno que vive ao lado do mar e ha de marchar
coa familia a outro lugar, por mor do traballo dos adultos. Alí non hai mar e Xián bóta de
menos o seu rumor cada noite ata que nunha delas, a lúa se lle achega para que
desde un castelo (que trae no colo) unha princesa lle entregue unha caixa de
música na que se escoita o son do mar.
Saudade e fantasía retratadas coa maxia
dunhas ilustracións onde as casas se abalan no leito do mar e os meniños usan
as olas como sabas, onde as casas da outra localidade súbense ás árbores e onde
os meniños viaxan polo mundo coa súa cesta de xoguetes ao lombo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario