Os ganadores no paseo dos Buxos
A escritora Ledicia Costas conseguiu o Premio Merlín de literatura infantil co libro Escarlatina. A cociñeira difunta, Eduardo Santiago o premio Jules Verne de literatura xuvenil con O gran reino e María Reimóndez con Dende o conflito o premio Xerais de novela.
Foron finalistas do Merlín Animais con ánima, Último voo e Amencerá canda o sol. O xurado
recomendou á editoral a publicación do poemario presentado co lema Animais con ánima.
No Jules Verne resultaron finalistas Silencio e Genet. O xurado recomendou á editorial a publicación das obras
finalistas presentadas baixo os
lemas Silencio e Genet.
En canto aos Xerais, resultaron finalistas Sebastian Nell e A
mirada de Ismael. O xurado recomendou á editorial a
publicación da novela presentada baixo o lema Sebastian
Nell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario