27/3/12
OUTRA CONTATRÁS
26/3/12
AS PÁXINAS DAS EDITORAS como recurso para a selección
23/3/12
Premio O BARCO DE VAPOR
21/3/12
DA NECESIDADE DE REESCRIBIR (2)
Unha historia que tamén dou moita tinta e versión diferentes é a de Robinson Crusoe, desde Daniel Defoe ata Michel Tournier (se nos centramos nos xuvenís) co seu "Venres ou a vida salvaxe" na que introducía unha mirada contemporánea sobre o clásico.20/3/12
DA NECESIDADE DE REESCRIBIR (1)
16/3/12
Dous libros galegos seleccionados na prestixiosa lista THE WHITE RAVENS
15/3/12
CATÁLOGO DE BOLONIA
14/3/12
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Unha biografía do autor e unha antoloxía da súa poesía para todos os públicos, para todo tipo de lectores e lectoras, así se presenta o libro que xerais publica na colección Merlín, dedicado ao autor das Letras.
9/3/12
O ANIVERSARIO DE VIVALDI COMO MOTIVO
7/3/12
Salóns do Libro, puntos de encontro
Do 4 ao 31 de marzo estará aberta esta fiestra á temática da supertición, baixo o título de "12 + 1".
Se accedemos á súa páxina poderemos atopar o programa de actividades e unha ampla bibliografía sobre este tema.
10/1/12
CONTOS PARA CONTAR coas súas bolsas de tela e...

Un destes días coñecín un par de contos para ler "por conta allea" (como moi ben di Juana). Contos que se poden contar a meniños a partir dos dous anos (así aparece no paratexto).
30/12/11
ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO

5/12/11
Algo máis sobre o libro – disco
Algo máis sobre o libro – disco...Si, ir lendo ao tempo que imos escoitando as cancións relacionadas coa historia... no momento no que corresponde.
Un relato protagonizado por un deses nenos que non teñen amigos e está desexoso de atopalos, disposto a que incluso se burlen del por non correr o risco de non intentalo: Lois, un neno de doce anos, pequeno e miúdo, de pelo crecho con roupa pasada de moda, ... un rariño!
Ese rapaz ao quen lle van a pasar cousas, ten moito que dicirnos de como se converte un en marxinado sen tan sequera darse conta, e sobre todo, de como hai cousas moito máis importantes que gustarlle aos demais... Vexamos:
“Lois pensou como se vería o mundo sendo tan pequeniño..., o medo que podería sentir entre os humanos... E entón visualizou de novo ese Lois triunfador, levando o ghazafello á vila coma un trofeo, rindo mentres Furelos e os mangallóns facían burlas á conta da coitada criatura... e decatouse de que el non era ese Lois... É máis, ese Lois non lle caía nada ben. El non era quen de facer sufrir un animal para ter amigos. Non, el non era así. El era... como era. E, de súpeto, decatouse de que era preferible non lles gustar aos demais... a non gustarse a si mesmo.”
2/12/11
AVENTURA EN LIBRO - DISCO
A caza do ghazafello. Unha aventura en libro-disco, con textos de Denís M, Ilustracións de Sara López, música de Marcos Paiño interpretada pola Orquestra das Ánimas coas voces de Antón Reixa, Xurxo Souto, Ugía Pedreira, Pulpiño Viascón, García MC, Ico, Manolo Maseda, Coralie Yap e Chine.Xerais, de novo, saca á luz un libro con algo máis. Se hai un días fora un espello flexible o que acompañaba o poemario de Antón Cortizas, agora presenta un libro que se complementa cun disco; unha estupenda obra, desas que dá gusto ter entre as mans, porque desde o papel ao tipo de letra, as marxes con todo o aire necesario, as cancións introducidas na historia como se se tratara dun musical, unhas ilustración moi ao caso onde descubrimos ¡por fin! Como é que son os ghazafellos. As cubertas onde o debuxo do ghazafello se introduce nunha fotogafía de natureza, de forma que a realidade e a ficción se entrecruzan igualq ue sucede na historia. Unha historia que posiblemente teña continuación e que habería que pensar en pasar á representación coa música en directo xunto coas actuacións de todos e cada un dos personaxes. Xurxo Souto como mestre de cerimonias introdúcenos no relato
“Xa non hai voltga atrás. Acabas de saír da estradaprincipal da túa vida e coller un ramal que conduce directamente á aventura!
Estaba tan preto de ti, aínda que non o soubeses, e agora por fin foi quen de atraparte.”
1/12/11
Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
Kalandraka, promotora deste premio xunto co concello de Santiago, acaba de publicar a obra. Unhas ilustracións en tonos fríos e escuros abren a historia de Olaf, aquel que vivía nunha casa moi grande nun planeta moi pequeno, que sae a camiñar un día. No camiño atopa un peixe que ten a cola do revés, e aí instalámonos nas cores claras e luminosas, mentres o peixe vai canda Olaf e este segue atopando novos acompañantes: un cabalo alado e multicolor, un tigre arco da vella, un elefante elegante, o paxaro que sabía falar... e o lucecú, que aparece cando cae a noite, e os guía a todos eles nesa retahila acumulativa de volta á casa. Un texto sinxelo e unhas ilustracións que van pasando duns fondos a outros, dunhas cores a outras, nunha verdadeira viaxe multicolor onde cada páxina é un cadro estación unido ao anterior e seguinte pola figura de Olaf.
Hace unos días llegó el cartero.
Traía una caja.
Dentro de la caja había un planeta.
En el planeta vivía Olaj.
Olaj decidió salir a caminar...
y caminó..."
30/11/11
Poesía por un espello

Vaia tropa! de Antón Cortizas con ilustracións de Mª Reyes Guijarro, na colección Merlín. Unha man chea de poemas que seguen o xogo que lle dá título e que continúa na dedicatoria “a todos os tolos e tolas de amar”. Poesía con rima na presentación do libro e do autor, poesía xogo que se introduce tamén nas ilustracións e na tipografía, poesía sen sentido na maneira de ler dándolle voltas á páxina ou á cabeza, no absurdo das propostas, no surrealismo que o pasea do dereito e do revés. Un libro que poderíamos chamar toponímico “Camilo é de Muros e tiña un camelo (...)”, “En Baiona hai unha casa sen xanelas (...)”, “Naceu un volátil bebé no Rosal (...)”. Versos en líneas, versos en círculos ou en semicírculo; versos para ler en vertical ou en espiral, do dereito ou do revés, directamente ou en espello, con lupa ou sen anteollos, seguindo curvas imposibles, en forma de caligramas... poemas nos que todas as palabras comezan con f e outros que esperan a que o lector ou a lectora os completen. Para axudar, ademais do espello flexible que acompaña ao libro, unhas notas ao final dan pistas para que ninguén se despiste. As ilustracións acompañan moi ben os textos, moitas veces son elas o texto, outras adoptan os mesmos xogos que os poemas, de aí que non só lemos palabras senón tamén imaxes. Unha moi interesante aposta de Xerais.
22/11/11
SEGUNDAS PARTES
Hai libros que anuncian segundas partes, como aquel de Jacobo Fernández Serrano que acadara o premio Merlín 2009: Mil cousas poden pasar (Libro I). Agora, acaba de publicarse o Libro II. Nel continúase unha das historias máis surreais que se escribiron nunca para pequenos e pequenas.
21/11/11
Libros que falan doutros libros, historias que remiten a outras
"O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas. Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase para a historia:20/11/11
Un libro galego finalista en Suecia

27/10/11
SEMPRE RODARI
26/10/11
NOVO ÁLBUM ILUSTRADO

24/10/11
UNHA NOVIDADE, EN BANDA DESEÑADA
Punto de fuga de Miguel Cuba, publicado por Demo editorial (unha editora que está a mostrar o seu bo facer neste campo e nestes tempos).20/10/11
Un novo libro de Paul Jennings
Dentro das boas traducións ás que nos ten acostumados Galaxia, aparece na colección Árbore Que desfeita! traducida por Dolores Martínez Torres e ilustrada por Marta Álvarez.FEBRE de Héctor Carré
Pois si, si, si...! Xaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa! Non vos amontoedes! 18/10/11
ADIVIÑA... DE QUE LIBRO SE TRATA?

A respecto de Goebbels e a derrota do exército alemán en Stalingrado... “O caso é que, co seu estilo cínico e mentireiro de sempre, fixo discursos afirmando que un golpe como aquel só serviría para fortalecer aínda máis a Alemaña, que despois de recuperarse dunha desgraza tan grande sería, daquela si, definitivamente invencible. Dicía iso porque sabía que a xente empezaba a pensar precisamente o contrario. Empezaba a pensar que quizais o alemáns non eran tan invencibles como parecían. Aquel diaño era un xenio da propaganda política. Parecerache estraño, pero ese estilo aínda se utiliza hoxe en día. Trátase de negar a evidencia co maior descaro e acusar de mentireiros aos que din a verdade. É un estilo propio das ditaduras máis tamén serve para manter firmes as bases do teu partido despois dunha derrota electoral ou de calquera contratempo importante. Despois cambian o discurso contando con que a memoria colectiva é dçebil e intentan crecer de novo”
Ou esta outra
“Canto máis estúpido sexa o discurso máis absoluto é o poder”.
14/10/11
UNHA SERIE co seu trailer
Planeta Mincha, de Manel Cráneo.
Esta serie destinada aos primeiros lectores publicada dentro da colección Ler é vivir de Everest Galicia.
Recollemos da nota de prensa:
Trata das mil inquedanzas do protagonista, un científico orixinario das pradarías de Vërdia, unha das rexións do Planeta Mincha. O seu lugar de nacemento na pequena aldea de Hirflä chamada Virdüña, xunto cos seus costumes constitúen os aspectos máis atractivos dunha das primeiras entregas que baixo o título Diario de Pichük dá a coñecer Quen é Pichük? O seu autor, Manel Cráneo, recrea un mundo imaxinario con habitantes aos que lles gusta reflexionar e facer as cousas con calma, por iso entre outros detalles, tardan un ano en poñerlle nome aos seus fillos.
O autor (do texto e as imaxes) é o debuxante e ilustrador Miguel Cráneo (A Coruña, 19973), alguén que vén amosando unha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosos fanzines. Así mesmo, Cráneo participou nas dúas etapas da revista Golfiño —realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil— asemade que traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como BD Banda, Barsowia ou Subterfuge. Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Nesa xeira foi tamén o principal promotor, con Kike Benlloch, do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, Cráneo é o responsable do storyboard de diversos filmes e curtametraxes.
13/10/11
MÁIS BANDA DESEÑADA en promoción
Un novo video promocional. Esta vez trátase da obra A man do diaño de Brais Rodríguez, publicado por Demo editorial.
O autor, Brais Rodríguez, conseguiu o Premio Castelao de Cómic con esta obra. El, pertence á xeneración dos xoves dibuxantes que están impulsando o cómic en Galicia e reclaman poder desenvolver a súa carreira aquí, sen ter que exportar o seu talento.
"A man do diaño é un alegato antibelicista de estilo moderno e vinculado ao novo cómic europeo", en palabras do organizador do certame e presidente do xurado Miguelanxo Prado.
Brais Rodríguez é licenciado en Bellas Artes e foi combinando a súa faceta de debuxante ca de pintor ata que o mundo do cómic o atraiu ao completo. Foi cofundador do fanzine 'Carne Líquida' e un dos autores fixos da revista 'Barsowia'.
11/10/11
NOVELA GRÁFICA EN GALEGO
Unha novela gráfica que conta unha historia de intriga ambientada na Costa da Morte, nunha vila dedicada á caza de baleas, en pleno século XIX. Nesta obra atopamos referencias a feitos históricos como o naufraxio do buque Serpent perto do cabo Vilán.
Tokio sorpréndenos con este cómic editado por Demo Editora.
7/10/11
REVISTA DE BANDA DESEÑADA INFANTIL

"Fiz, unha revista para iniciar aos nenos no cómic, aproveitando o éxito e a estrutura de Retranca. Poderase ver no Salón de Barcelona e sairá en galego e en español.
Será unha revista bimestral que sairá en quioscos, en galego en Galicia e en español para o resto de España. Un proxecto sen subvencións, outra vez. A revista chámase FIZ, a revista do neno máis porco do mundo. A idea é aproveitar o éxito do personaxe para entrar na casa dos rapaces sen ter que acudir aos personaxes das series de TV. Sei que a experiencia errada de Míster K está recente (Aínda que eu asinaría xa por poder chegar a sacar todos os números que se editaron de ela!!). Pero creo que debemos de tentar recuperar o mercado dos nenos no cómic español, que o temos descoidado, e que quizais a experiencia en quioscos de Retranca axude a atraer novos lectores aos quioscos.
Trátase de facer unha revista pensada para os nenos, politicamente incorrecta, de historietas feitas por autores españois e sobre todo tentando entreter. Cadro de persoal de luxo: Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carosia & Diego Arandojo, un relato de Manuel Lourenzo ilustrado por Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet, Vergara & Olivares, Jorge García & Sagar e eu mesmo".
5/10/11
NOVIDADES. A partir de oito anos.
Unha de OQO na colección Q.Unha historia de medo (agora que se achega o Samaín e defuntos) salpresada de humor para tratar o sempre negro tema da morte. Pablo Albo é o autor deste relato no que os zombis se mesturan con personaxes ao estilo do frautista de Hamelín que levaba con el aquelo que molestaba ou con lembranzas de experiencias como as das vacas tolas. O que tal fai unha alimentación inadecuada!
A irreverencia comeza co nome da vila, Matamala, onde teñen lugar os sucesos, para continuar coa escolla dos protagonistas: un grupo de galiñas que á súa vez comeron o millo afectado polo primeiro raio da lúa chea en noite de defuntos; a partir de aí unha historia de zombis imposibles de matar ou morrer, por moitos anacos que fagas dos polos, noite plenas de loucura con polos fragmentarios correndo polos camiños e con eles que tiveron a desdita de comelos á súa vez... Observando a situación os humanos: o dono das mazurcas que as vendeu, o gandeiro que llas dá aos pitos, o empregado da carnicería, o crego, ... e outros.Mikel Mardones, desde as ilustracións, completando o relato e introducindo outras asociacións moi ao caso. como ese Frankestein que semella drogarse, esa aldea que é unha das nosas e case a recoñecemos con nome propio... nunhas imaxes de gran riqueza que non esqueceremos.
O ano que os pitos perderon a cabeza será inesquecible, sen dúbida.









