Zimbo de OQO Editora e A viaxe de Olaf de Kalandraka resultaron seleccionados na Lista de Honra dos Corvos Brancos, neste ano. O primeiro deles, Zimbo, xira ao redor do tema de autonomía: unha marioneta que consegue a liberdade coa axuda do titiriteiro; con texto de Antonio Abad que adianta o valor da liberdade na dedicatoria "Para miña irmá Penélope, que preferiu deixar de coser e emprender a busca de Ítaca". Nesta caso, as ilystracións son de Joannna Concejo que xa lle puxera imaxes a Fume (que fora seleccionada nesta lista no 2009) e Cando non atopas a túa casa.
A viaxe de Olaf de Martín León Barreto xa aacadara o IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O seu tema é a busca da amizade e novos horizontes a través dunha viaxe iniciática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario