Tertulia literaria en Ourense
As páxinas web das editoras son recursos moi interesantes para a selección de materiais. Nelas podemos observar as novidades e revisar os catálogos completos para lembrar aquelas obras que puderon pasarnos desapercibidas pero que aínda teñen moito que achegar. Un exercicio recomendable que sempre defenderemos igual que perder/ganar o tempo nas librarías pasando libros polas mans. Recomendamos vivamente o paseo por estas páxinas ao igual que a lectura da literatura especializada que aparece en xornais e revistas.
Desa maneira tamén temos en conta o esforzo que as editoras realizan para informarnos a través da rede.
Visitemos, polo tanto, as páxinas de Edicións Xerais de Galicia (para revisar os premios Merlín e xuvenil -CaixaGalicia ou o nome co que se vaia recoñecendo-, as diferentes coleccións de literatura e información...), a de Editorial Galaxia (coas incursións nos novos medios, os clásicos e traducións), Sotelo Blanco (coas coedicións, a promoción de novos valores na novela xuvenil, o apoio ao teatro e poesía en determinados momentos...), Baía Edicións (co Premio Meiga Moira de literatura infantil e as diferentes colección literarias e informativas), Biblos clube de lectores (un proxecto que leva directamente ás casas libros, múscia ou cine), Edicións Embora (coas coleccións de literatura infantil e teatro), OQO e Kalandraka con Factoría K (cheos de bo álbum, antoloxías poéticas e prmeio Compostela de álbum ilustrado, narrativa, traducións, músicas e cine de animación), Ouvirmos (coas fotobiografías sonoras, as músicas ou os libros de cociña), Edicións Fervenza (co seu apoio ao teatro), Edicións Positivas (que anda a estrearse en poesía infantil despois de ter demostrado a súa aposta pola vangarda), Toxosoutos (co premio Avilés de Taramancos de novela de aventuras), BD Banda (como o seu nome indica), Urso Editora (coas colección especializadas en gótica, fantasía, ciencia ficción, ...) e algunha máis que nos desculpará non ser citada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario