19/6/15

Premios Frei Martín Sarmiento

 
















Na undécima edición do certame Frei Martín Sarmiento, convocado pola Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca) resultaron ganadoras as obras seleccionadas polo alumnado e familias dos centros que forman parte de Ferega-Ceca−
Raro de Marcos Calveiro (na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria).
Marcopola e a illa remeira de Jacobo Fernández (na categoría de 3º e 4º de Educación Primaria, pola obra). É unha alegría descubrir que Marcopola xa pasou ao castelán e agardamos moitas outras traducións.
Soños de mar de Xosé Henrique Ribadulla Corcón (na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria)
Améndoas e flores silvestres de David Vázquez (na categoría de 1º e 2º de ESO)
Bágoa da lúa de Sabela González (na categoría de 3º e 4º de ESO).
Foran finalistas...
Para 1º e 2º de Educación Primaria:
– Pablo Díaz, Toc-Toc, Galaxia.
– Marcos Calveiro, Raro, Tambre.
Concha Blanco, Catuxa quere saber, Everest.
 Para 3º e 4º de Educación Primaria:
 – Xelís de Toro, O gato fantasma, Xerais.
Para 5º e 6º de Educación Primaria:
Para 1º e 2º de ESO:
Para 3º e 4º de ESO:
Elena Gallego, Dragal III, Xerais.

No hay comentarios: