As memorias dos clubs de lectura inclúen un apartado onde deben recollerse os libros lidos por cada un deses clubs. Os resultados fanse públicos no blogue Ler en mancomún e nos cadernos de bibliotecas escolares de Galicia.
Por primeira vez, o 23 de abril deste ano, a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos publica unha resolución pola que se concede o premio dos Clubs de Lectura ao autor máis lido polos Clubs no curso anterior. E recae en Agustín Fernández Paz. El é merecente deste e moitos máis premios; os seus libros para mozos e mozas son recoñecidos cos premios máis salientables da literatura xuvenil, (Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Lazarillo, Jove, Edebé, Lista de Honra do IBBY, Lista dos White Raven...), con maior número de edicións e traducións e máis idiomas.
O autor, que non puido asistir á VIII Xornada dos Clubs de lectura por motivos de saúde, foi representado polo seu editor, Manuel Bragado.
O premio, unha peza de Cuqui Piñeiro, para lembrar ese día, ese ano, esa obra completa ao servizo da construcción lectora
O premio, unha peza de Cuqui Piñeiro, para lembrar ese día, ese ano, esa obra completa ao servizo da construcción lectora
Grazas mestre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario