O álbum ilustrado Maruxa,
 da editorial pontevedresa OQO, ven de ser galardoado co CookBook 
Gourmand Award 2014, que selecciona os mellores libros de cociña de todo
 o mundo.  
Maruxa foi premiado na categoría “Best Illustrations CookBook”
 no estado español, na súa edición en galego. Os gañadores de cada país 
competirán en Yanyai, na China, polo título “The best in the world” o 
vindeiro mes de xuño. Os Gourmand coñécense popularmente como os “Oscar”
 dos libros de cociña e levan máis de 15 anos premiando obras de todo o 
mundo.
Maruxa,
 con texto de Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, é
 a adaptación dunha canción tradicional polaca “Maryna gotuj pierogi” e 
forma parte do proxecto “Cociña de Contos. Europa á carta”, unha acción 
de cooperación do programa Cultura 2007-2013 da UE. Esta iniciativa 
promove distintas actividades que relacionan a literatura e a 
gastronomía para o público infantil, e que xa chegaron a máis de 20.000 
nenos e nenas en España, Portugal e Polonia.
Información vía Fervenzas Literarias 

No hay comentarios:
Publicar un comentario