A
plataforma de crítica literaria A Sega organiza o Día das Galegas nas Letras. Mª Victoria Moreno foi protagonista desta segunda edición celebrou nesta segunda edición. O ano pasado, dedicáranllo a DOROTHÉ SCHUBARTH, compiladora do Cancioneiro Popular
Galego.
Así explican a elección deste ano, da autora de Anagnórise, Mar Adiante, Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño, Diario da luz e a sombra:
"A
FORZA DA VONTADE
Hai
lugares onde nos nacen e lugares onde escollemos nacer. Hai familias que nos
veñen dadas e outras que creamos para nós. Hai linguas que se nos falan e outras
que coa determinación obstinada de quen se quere poñer do lado que máis o
merece, escollemos para nós. Se cadra o accidente do noso nacemento pode
determinar abondas cousas na vida, pero a escolla e a vontade teñen a forza
mesmo de cambiar o lugar co que se asociará por sempre o noso nome, a
lingua na que se falará de nós, o pobo que ha de
celebrarnos para sempre.
Esa lingua, ese pobo e ese nome somos neste II
Día das Galegas nas Letras todas nós segando para recoller as gavelas de María
Victoria Moreno. Ela que escolleu o lugar onde vivir cada minuto, ela que
escolleu a familia dos afectos, ela que escolleu a lingua e a comunidade á que
pertencer. Tamén ela que escolleu as historias que quixo contar, aquelas nas que
cada unha, coma unha gavela única, brilla na súa complexidade, na súa letra
diáfana e motivadora. María Victoria Moreno escribiu para todas nós dende o
espírito máis abranguente, máis total. Para nosoutras que buscamos nos relatos
nenas que nos expliquen a vida nos nosos termos, á nosa idade. Para nosoutras
que, adolescentes, procuramos descubrir o desenlace sen saber que o importante
está se cadra no camiño. Para nosoutras que padecemos nos nosos corpos a dor
mais tamén a esperanza. Para nosoutras que queremos saber doutras vidas
aparentemente próximas pero ao tempo moi afastadas.
María Victoria representa para nós a forza da
vontade fronte á desidia e o accidente, a decisión consecuente da palabra xusta.
E con esa mesma vontade facémola nosa e pertencémoslle nunha celebración á que
estades todas convidadas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario