25/6/15

Novidades varias (I): A Gramola Gominola, Eu e nós durmindo nun garaxe


A Gramola Gominola, formación musical composta por Paula Romero, Ro Muñoz, Anxelo de Xermar e Paco Cedeira, que presenta o seu traballo na colección Sonárbore de Galaxia. Música de todo tipo e para parar un tren: blues, o country, rock, pop, punk, reagge, heavy metal... 
Así se presentan:
"A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!!"

De Xoán Babarro, Eu e nós durmindo nun garaxe con ilustracións de Antonio Seijas, publicado por Embora. Brabádegos coméntao así:  "Trátase dun libro que transmite memoria léxica de xeito natural e fluída artellando pequenas historias que falan de trasnadas en forma de anaco de lúa ou de cabras coma Sinompoida, que poden predicir acontecementos. No souto recomendamos este libriño para lectores autónomos pola súa fermosura, xa que inclúe valores como o da igualdade e transforma aros de ferro de pipotes en chouchonas bolouchas con tituras de purpurina que engaiolan coma aros de luz".

No hay comentarios: