Na illa de San Simón, nun dos primeiros sábados do mes de xuño, teñen lugar a entrega dos premios da factoría Xerais.
O premio Merlín, recaeu este ano en Érika Esmoris.
O premio Jules Verne corrrespondeu a Andrea Maceiras. Ela resultou ser a máis veterana de todos eles. Xa lle coñeciamos o Proxecto Bolboreta (gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior), Violeta Tamurana ganadora do 4º Premio Meiga Moira, Nubes de evolución (finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio
Fervenzas Literarias, 2014) e Volverás, golfiño (finalista do Premio Merlín, 2013).
O premio Xerais foi para Héctor Cajaraville.
O acto tivo un mantedor de excepción: Miguel Vázquez Freire.
Entre o xurado estaba profesorado responsable de bibliotecas escolares.
Entre o público abundaban as dos clubs e de bibliotecas, a xente da lectura, as mediadoras e mediadores do libro, boa xente.
E a illa, como sempre, situada no mundo de San Ero, agachada do tempo, gardando os buxos baixo os que pasear, os camiños da vida e o ar encantado dun lugar gardado para a memoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario