Kalandraka acaba de recibir o 3º Premio Nacional aos Libros de Divulgación Mellor Editados en 2014
Recollemos da nota editorial:  
"Fernando Pessoa, selección poética, traducido por Xosé Ballesteros, ilustrado 
polo artista luso Pedro Proença e publicado o pasado ano na colección Trece Lúas
 do selo FAKTORÍA K, vén de ser distinguido co 3º Premio Nacional aos 
Libros Mellor Editados 2015, no apartado de Obras Xerais e de 
Divulgación. O xurado valorou 143 títulos clasificados en cinco 
categorías. Os galardoados polo Ministerio de Cultura vanse expoñer nas 
feiras internacionais de Liber, Frankfurt e Leipzig. 
Neste libro os versos de Pessoa vense acompañados dos “collages xeométricos” nos que o deseñador combina aleatoriamente fondos de cores sobre os que traza debuxos,  tipografías e recortes de revista, formará parte da exposición Best Book Design from all over the World (Libros mellor deseñados en todo o mundo) e quedará depositado nesta última cidade, no seu Museo Alemán do Libro e da Tipografía".

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario