26/1/15

Presentacións para as bibliotecas escolares

A revista Luzes, tamén se quixo facer presente a mañá do sábado en Culturgal, demostrando desa maneira o respecto polas bibliotecas escolares e a confianza que se depositaba nos responsables das mesmas á hora de seleccionar os fondos. 
Foi Manuel Rivas (codirector, xunto con Xosé Manuel Pereiro), quen explicou a iniciativa, a motivación que os levou a propoñer este proxecto con base no que el chama local universal e que ten que ver con sentirse epicentro e non periferia. Un  proxecto que busca mostrar o visible e o invisible pero sobre todo de defender a biodiversidade de pensamento partindo dun xornalismo a modo de activismo fronte a un xornalismo petrificado.  
Tal como se dicía cando se presentou por primeira vez "En Luzes todo semella excesivo: reportaxes de seis ou oito páxinas, un suplemento literario que se chama República e que ocupa unha cuarta parte da revista, grafismo coidado, cor, 700 gramos de papel con contidos selectos por dez euros. Propuxéronse conseguir 500 suscriptores nun mes e conseguírono nove días antes..." Un verdadeiro milagre!
  

No hay comentarios: