Quedamos agardando a que nos fixeran chegar as presentacións que as editoras realizaran para Culturgal. E a organización aínda non nolas pasou así que imos facer o que podamos, lembrando o que ali escoitamos.
Comezamos con Ouvirmos editora que presentou as súas coleccións Cociña infantil e familiar, Biografías de científicos galegos e Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros.
Dentro da primeira colección aparecen os títulos: Xeados, Pratos do mundo, Chocolates, Carnes, peixes, Arroces, Menús para festas, Pastas e pizzas, Bocadillos e sandwiches e Sobremesas.
"10 libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e
creativos, específicamente concebidos para experimentar en familia (...) Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes
básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores
titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e
Xenxo Pereiro, e acompañadas das fotografía de Tono Arias. Ademais, consellos
prácticos, trucos específicos para cada receita e recomendacións para
desenvolver con éxito a aventura de adentrarse na cociña."
A segunda colección, conta na actualidade coas biografías de Casares Quiroga e Ramón Mª Aller Ulloa.
Esta colección ten como obxectivo rescatar a vida e obra dos grandes nomes da nosa historia científica. "Unha
revisión do pasado para inspirarnos nos pioneiros que coas súas ideas, esforzo e
creatividade, achegaron luz e progreso á sociedade".
A terceira da coleccións, e a última en saír ao mercado, conta con dúas entregas seguindo as estacións: Primavera - Verán e Outono - Inverno. Xoguetes naturais é un caderno que nos ensina
como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas,
flores… Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa
defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e
posta en valor do xoguete popular e tradicional
O último produto presentado foi Historia da música en Galicia, un libro e dous CD´s nos que se fai unha revisión cronolóxica da música feita en Galicia ao longo da Historia e desde unha perspectiva pedagóxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario