12/1/15

E ... taboleiro do libro galego (XXIX) para comparar




O taboleiro do libro galego, correspondente ao mes de decembro,  publicado polo blogue Caderno da crítica da autoría de Ramón Nicolás, co apoio das librarías (Trama, Paz,  Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda,  Biblos,  Andel,  Cartabón,  Libros para soñar, Pedreira, Couceiro, Aira das Letras e Lila de Lilith) onde se mostran os libros galegos máis vendidos.
recollemos aqueles apartados máis relacionados coas nosas bibliotecas
Literatura xuvenil
1º-. Xesús Fraga, Reo, Galaxia. Premio Raíña Lupa.
2º-. Rosa Aneiros, Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, Xerais. A derradeira entrega da triloxía "Ámote Leo A".
3º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
4º-. Elena Gallego, Dragal IIIXerais. Outra entrega da serie.
5º-. Anxo Fariña, Os megatoxos e o dragón de xade, Xerais. Unha entrega máis da serie dos Megatoxos.
Literatura infantil
1º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Ribas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais. Premio Merlín.
2º-. Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, O soño de Esther, Nova Galicia Edicións.
3º-. Chema Heras (ilustracións de Kiko Dasilva),  Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, Kalandraka. Reimpresión e sorprendente éxito continuado.
4º-. Antón e o Apalpador, Barafunda Animación.
Música
1º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
 2º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
3º-. Uxía, Xiqui Xoque, fiú fiú!,  Galaxia.
4º-. Magín Blanco, Gatuxo, Fol Música.
5º-. Os tres TENedoORES, Cocido sinfónico, Galaxia.
Non deixa de chamar a atención o gusto polas series (Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, Dragall III, Os Megatoxos e o dragón de xade) dentro dos preferidos na literatura xuvenil, a presenza dos premios (Raíña Lupa e Merlín), as novidades (Tes ata 10Non hai berce coma o colo...), os libros que seguen a ser actuais ao longo do tempo e os de época (Antón e o Apalpador).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este libro e moi interesante, e a mín, persoalmente, me gustou moito. Gustóume porque é entre feliz e de medo, e a min me gugstou, tamén me sirveu para saber que antes que nos naceremos non había Papa Noel, si non que había un home, parecido a Papa Noel, que lle traía agasallos aos rapaces, a verdad, e que é moi realista, e persoalmente, gustoume moito.