16/1/15

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?

Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre é un poemario publicado na colección Milmanda de Xerais
Os poemas estrutúranse en tres partes: "Ovella negra", "Valeime, pugas dos toxos" e "Apañando a primavera"
Poemas para ler, que van dos haikai aos que beben na fonte rosaliá ou na tradición musical. Poemas con referencias científicas e matemáticas, para que teñan en conta aqueles e aquelas que andaban a apañar versos para as seleccións que nunca rematan. 
Unha probiña:
no sal o mar enteiro
como o muíño o reducio,
a cabeceira a mazaroca
e a mazaroca o gran,
como a folla do limoeiro
o arrecendo a limón
como o loureiro o niño
e o niño o carrizo,
como Eva, enguruñada no ventre,
a Eva pequena,
así disque, na proporción áurea,
contén cada rectángulo
a copia de si mesmo

máis pequena,
máis pequena
até o infinito        como o mar
a lancha de relinga,
e a lancha o mariñeiro,
como o mariñeiro unha bagulla,
e a bagulla o sal,
como o sal o mar enteiro.

No hay comentarios: