Da editorial chega esta información a ter en conta; si, a ter en conta porque se trata dunha triloxía que o alumnado dos centros foi seguindo, porque se trata dunha autora moi lida polos clubs de lectura e porque parte deses clubs son os que estarán con ela nesa presentación, tal como vemos na nota. Si, unha boa presentación que ten en conta os lectores e lectoras... os verdadeiros seguidores da triloxía.
"O
xoves, 5 de xuño, ás 17:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de
Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da triloxía Ámote Leo A. de Rosa Aneiros.
Rosa Aneiros manterá unha conversa coas persoas integrantes do Club de lectura “IES Caldas Letras” do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, é o terceiro volume da triloxía Ámote Leo A., o volume que pecha esta cativadora triloxía destinada ao público xuvenil."
No hay comentarios:
Publicar un comentario