Verkami é unha plataforma de crowfunding para apoio de proxectos creativos. Oink é a única revista galega para xente de seis a quince anos.
Cowdfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de achegas individuais. Os lectores convértense en mecenas e reciben
recompensas exclusivas a cambio da súa colaboración.
Así se presentan:
Queres que a rapazada teña unha publicación feita na nosa
terra?
Se pensas que a mocidade precisa de medios feitos na súa lingua axúdanos a
facelo realidade. Hai preto de 200,000 rapaces e rapazas entre os seis e quince
anos de idade que non contan cunha revista que lles fale desde a súa mesma
realidade.
Estes son tempos de acción, de non mirar pasivos o que pasa senón de intervir para contruír boas noticias, desas que necesitamos cada día para non deprimirnos diante dos medios de comunicación. Toca actuar, consumir responsablemente, manter o necesario e desbotar o que non o sexa. Por iso, haberá que converterse en protagonistas, en mecenas, en construtores do día a día. Agora, Oink danos esa posibilidade. Aproveitémola, especialmente a través da rapazada, porque a eles tamén lles toca.
1 comentario:
Moitas grazas por axudarnos a difundir a campaña que temos en Verkami.
Queremos que existan medios dirixidos aos nenos e nenas da nosa terra... e que os traten con respecto.
Sabemos que tamén son tempos difíciles para vós, nos centros educativos e bibliotecas, e apreciamos de verdade a vosa axuda. Se logramos que OINK! siga adiante podedes contar connosco, có noso traballo, para descubrirlles cousas novas e falarlles con esperanza sobre o seu futuro.
Moitas grazas.
Revista OINK!
Publicar un comentario