24/1/14

Libros de Carlo Frabetti en versión dixital e libre











Na páxina do Instituto de Seguridad Vial de MAPFRE, están a disposición de lectores e bibliotecas unha serie de libros de Carlo Frabetti, ese matemático marabilloso que se dedica a escribir literatura infantil e xuvenil.
Neste caso trátase dunha colección de libros para a infancia e a mocidade vinculada a seguridade vial, dirixida polo Instituto de Seguridade Vial (valla a redundancia) da Fundación MAPFRE. A pesar de estar escritos baixo unha óptica educativa, o xenio do autor consegue superar a proba e ofrecernos unhas historias acaídas e "libres". Son libros en formato dixital, interactivos e con audio. Libros libres para ler en pantalla con todas as posibilidades que esta ofrece. Pódense ler en castelán e en inglés.
O primeiro deles, La selva de Mario, está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos e ilustrado por Adolfo Sierra.
O segundo, Julia, pato y el espía, está dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos e ilustrado por Mónica Calvo.
O terceiro, La Banda de las Ruedas Locas, está ilustrado por Patricia Metola e dirixido a lectores de 9 a 11 anos. Nesta entrega tamén resulta de moito interese a visión que o autor achega sobre a temática de xénero.
Para máis de 12 anos, está pensada a novela La señal torcida en PDF. Todos os materiais están dispoñibles, tamén, en  iTunes.


No hay comentarios: