15/1/14

En perigo de extinción


Unha a unha van desaparecendo as publicacións en galego.
Hai moito tempo foise Vagalume, un antecedente do Oink.
Tamén se foi o papel do xornal Galicia hoxe, o semanario A Nosa Terra... a revista Retranca?
Tantas e tantas publicacións perdidas, co traballo que costa poñelas en marcha, co tempo que leva construír o que sexa por moi pequeno que semelle. E co pouco que leva... deixalo caer ou tiralo.
Pois ben, Oink aínda está viva, agonizando pero viva. Trátase da única revista infantil en galego, dunha revista creada arredor do personaxe de Miguelanxo Prado que se fixo famoso na TVG e que creou un club do que moitos e moitas forman ou formaron parte. En perigo de extinción, a poucos pasos de desaparecer se non tentamos mantelo, tal como facemos coas especies en perigo de extinción.
Así se nos presentaba... 
"CONTIDOS EDITORIAIS: Reportaxes, artigos, entrevistas, novas... todo pensado para as mentes inquedas e co único obxectivo de acender a súa curiosidade polo mundo.

BANDA DESEÑADA: Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto: Todos eles sacarán o lapis para darlles vida aos seus personaxes número tras número

CONCURSOS: Cando leas OINK! tamén terás que estar atento e... Ollo ao tesouro!"
E así o fai neste momento: 
"O futuro da revista OINK! en xogo 
(...) Recibimos os datos de ventas do número 4 de OINK! e non son bos. Como sabedes, non contamos con financiamento externo á nosa empresa, Agalip. Comentamos isto porque rematamos de tomar a decisión de non imprimir o número 5 ata que consigamos resolver os problemas de liquidez que estamos a experimentar. Seguir a imprimir e distribuír a revista poría en risco a existencia da nosa empresa. (...)"

No hay comentarios: