Neste 2014 estamos de celebración, pois hai 30 anos que naceu Ramón Lamote.
Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín vira a luz no 1984 e con el foronselle abrindo portas á literatura infantil e xuvenil galega.
Lamote, ademais de profesor de Chairego (así, con maiúsculas) e debuxante de soños por encarga, converteuse no noso embaixador maís alá do Cebreiro.
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que acadou o premio Barco de Vapor en 1984.
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que conseguiu (en 1986) o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que entrou a formar parte da Lista dos White Raven da biblioteca de Múnic en 1988.
E aínda que non foi o primeiro, case, en incorporarse á IBBY Honour List, en 1986.
Anos máis tarde aparecería a segunda parte: Das novas cousas de Ramón Lamote, que segue a fondar na vida deste insólito personaxe e continúa acompañándose das ilustracións de Xoán Balboa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario