17/1/14

Máis libros e música arredor da Rosalía.

Máis obras, máis músicas que traen os Cantares Gallegos á actualidade, para que sigamos lendo e escoitando os versos. 
Para iso están as autoras clásicas... as obras clásicas, para volver unha e outra vez a elas e reinterpretándoas desde os diferentes tempos e as diferentes representacións. 
Teno demostrado Rosalía sempre, pero máis ao longo do pasado ano, cando se cumprían os150 anos da súa publicación.
Agora, queremos lembrar dúas edicións: Nas tardes escuras de Narf, editado por El Patito Editorial con ilustracións a base de colaxes de Fausto Isorna Por outra, Os ollos que falan, un CD de Tempo Catro no que o sexteto, composto por profesores/as do Conservatorio de Ferrol, musica os versos de Rosalía a ritmo de valse, fado, salsa, xota, mazurca ou pasodobre. 
E outra máis, aCadaCanto (Guadi Gallego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) acaban de publicar A Rosa d´Adina. Escoitémola! 

No hay comentarios: