Rinoceronte editora, está especializada en tradución.
Entre o grupo de libros vertidos ao galego, queremos destacar hoxe, as súas versións de banda deseñada internacional recollidas na colección Novela Gráfica como Entender o cómic, Persépole, Contrato con Deus, Na procura de Ed O Riseiro, Palestina e Gorâzde, zona segura. Títulos, todos eles que forman parte das maletas viaxeiras de cómic, que se poñen en marcha desde a Asesoría de bibliotecas escolares.
Outras editoras, que falan do número cada vez maior de tradutores que traballan no día a día por ofrecernos os mellores platos da literatura universal na nosa lingua, son Urco e Contos estraños; a primeira delas que botara a andar coa saga de Basilius Hoffman, explícanos así o seu proxecto:
"Urco editora é unha iniciativa editorial que vén encher un
oco histórico no sistema literario galego: a publicación de literatura de
fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros
na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións,
catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura
xuvenil». Por isto URCO é pioneira na achega sistemática destos tres xéneros ao
público galego.
Os nosos títulos, divididos en tres coleccións temáticas
― gótica, fantasía e ciencia ficción ―, buscan en primeira instancia sentar
unhas bases sobre as orixes dos tres xéneros, coa publicación dos autores
«clásicos» dos mesmos, e tamén de outros moitos non tan coñecidos polo grande
público mais sen dúbida fundamentais para o desenvolvemento posterior deste tipo
de literatura."
E así o fai Contos Estraños:
"Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico.
Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a
galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De
seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada
tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de
comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E.
Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con
aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos
esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa
firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos
moran nesta terra."
Unha literatura que sempre tivo adeptos e os segue a ter, por iso, non nos queda outra que agradecer a Urco e Contos Estraños o seu bo facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario