21/1/14

De editoras e tendas. Edición de banda deseñada.


Demo editorial púxose en marcha hai un tempo.
Manel Cráneo, un coñecido comiqueiro estaba detrás do proxecto, e a banda deseñada fíxose protagonista do catálogo.
A man do diaño de Brais Rodríguez, que foi elixida "mejor cómic nacional publicado en catalán, euskera o gallego" por Entrecómics en 2011 e xa contaba co premio Castelao 2010 da deputación d´A Coruña.
A torre dos Mouros de Manel Cráneo, que recolle e historia un xacemento arqueolóxico e unha experiencia de voluntariado en Lira.Do mesmo autor, Os lobos de Moeche.
Cabana de balieiros de Tokio. Unha historia de intriga nunha vila baleeira de finais do século XIX.
Punto de fuga de Miguel Cuba. Un espello no que mirar sa actualidade dunha xeración que busca o seu lugar de escape.
Castelao, a serie. De Inacio Vilariño e Iván Suárez, varias entregas, arredor da figura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. Un proxecto moi interesante no que posiblemente falte algo de reflexión acerca do que é mito ou non na cultura do país, do cómo xogar cos coñecementos previos do lector,...
Mamed Casanova. O fillo da furia de Manolo López Poy e Miguel Fernández. Salpock., o val dos cegos de Álvaro López e Luís Sendón. Sin mirar atrás de Dani Montero.
Os días do cometa de Manolo López Poy e Miguel Fernández é a ultima das publicacións deste selo. Unha historia que bebe nas entrañas escuras que nos levarían a obras como A esmorga de Blanco Amor; eses días do cometa sae o peor de cada un dos amigos que levan tempo coñecéndose e amolándose... no medio, unha muller.

No hay comentarios: