17/4/15

Quen pode vencer a quen?


Fai falla a chuvia e o vento que a traia. Hai que convencelo, pero primeiro hai que ir a buscalo.
Un animal tras outro o tenta, e quen o consegue? "A tartaruga, o animal máis lento da chaira, ofreceuse e finalmente conseguiu, con paciencia e teimosía, traer ao vento que, á súa vez, trouxo a choiva. Así, ese ano tiveron unha boa colleita." de Quen pode vencer o vento?, un álbum de Charo Pita, ilustrado por Marion Arbona.
Un anaquiño de horizonte de Arturo Abad e Miguel Cerro. se foras pirata e te aburriras igual querías atrapar o horizonte, chegar ata el e ver o que se agacha detrás, chegar ata el e pisar a raia,... ou xogar a "unha, dúas, tres, zapatiño quieto é". Coa poesía por bandeira, igual que en Taller de corazóns e Zimbo, Arturo Abad sigue a levarnos por mundos creativos nos que se deixa acompañar por grandes artistas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

hola este libro justoume moito