Xa son públicos varios dos premios da AELG:
O premio a Institucións Culturais será para o Colexio Profesional de Xornalista de Galicia e a Asociación de medios en Galego.
O premio ‘Mestres e Mestras da Memoria’, na súa segunda edición, recoñecerá a traxectoria de Josefa Arias e Emilio do Pando
“por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes
e valores da nosa cultura popular tradicional”, segundo refire a
asociación en nota de prensa.
O gañador do premio ‘Escritor Galego Universal’ recaerá no brasileiro Luiz Ruffato.
O premio "Bos e Xenerosos" será para os xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.
Proximamente presentaremos os finalistas das outras modalidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario