30/4/15

Libros que son novidade: traducións


Voando só de Roald Dahl, publicado por Sushi Books, retoma a autobiografía que este autor comezara en Relatos de infancia. Trata da fascinante vida deste clásico da literatura infantil, ao longo do tempo no que traballa coa petroleira Shell en África oriental e durante a II Guerra mentres voa coas forzas aéreas do exército británico, RAF.
Agradecemos ao selo Sushi a versión en galego desta xoia da literatura memorística.
Outro libro desta editora que se achega á nosa lingua, da man de Moisés Barcia é Os papacalcetíns de Pavek Srut con ilustracións de Galina Miklínová. Un libro do que podemos ler unha mostra neste enlace.
Todos os temas caben na literatura infantil, incluso este no que se nos conta que pasa cos calcetíns, cómo se desparellan e qué cousas lle pasan.


No hay comentarios: