Vanse e non se van, pero non poderán seguir escribindo, nin facendo declaracións, nin atopándose cos lectores e lectoras en calquera lugar do mundo.
Igual que Cervantes e Shakespeare, un día, xuntos fóronse Günter Grass e Eduardo Galeano, dous bos escritores e críticos coa inxustiza. Dúas mentes necesarias. Dúas consciencias imprescindibles.
Günter Grass foi Premio Nobel de Literatura e Premio Príncipe de Asturias das Letras. Autor de novelas como El tambor de hojalata, El gato y el ratón, Años
de perro, El rodaballlo... tamén escribiu poesía, teatro, memorias e ensaios. Pertenceu ao grupo 47 e foi tamén ilustrador ata o punto de recibir o premio Hans
Christian Andersen de ilustración en 2005
Eduardo Galeano, que nos lembraba a Castelao polo escribir sinxelo para conter o núcleo da filosofía, en vez de recibir premios (non hai cómo ser crítico e latinoamericano para non acceder a eles) realizaba afirmacións como estas: "Porque os científicos din que estamos feitos de átomos, pero eu creo que
estamos feitos de historias", "Medio mundo está en guerra permanente contra os pobres, en lugar de estar en
guerra contra a pobreza", "¿por que os pobres son pobres?, ¿tal vez
porque a súa fame e a súa nudez, son as que nos dan de comer?"... Sempre atento ás contradicións, a descubrir o que oculta o día a día e facérnolo chegar a nós.
Como dixera García Bodaño na despedida a Novoneyra, agora a referencia está nas nosas mans, e haberá que ver o que facemos con elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario