O meu pesadelo favorito de María Solar foi galardoado co Premio Lazarillo de creación literaria. Agora é publicado en Galaxia, na colección Árbore, con ilustracións de María Lires.
O protagonista, un neno con febre, vai sufrir soños fantasiosos como efectos secundarios polos antitérmicos que lle
subministra. Unha homenaxe a Ana María Matute e Alicia a través do espello. Unha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move
polos sumidoiros, un dinorrinco... pasean polos espazos imaxinarios do soño.
Un novo Lazarillo para a literatura galega, ese galardón que ven sendo algo así como o Cervantes da literatura para nenos e nenas que unha e outra vez recae na nosa literatura. Fixérao hai uns anos con O pintor do sombreito de malvas de Marcos Calveiro (2009), e antes Tamón Trigo con Leviatán (2012), An Alfaya con A sombra descalza, Ana Mª Fernández con Amar e outros verbos (2001), Gloria Sánchez con Chinto e Tom (2000), Marilar Aleixandre con A banda sen futuro (1999) e Agustín Fernández Paz con Contos por palabras, sen contar os accesits de Fran Alonso, Concha Blanco, Antón Cortizas...
Agradecemos esta ocasión para darlle as grazas, de novo, a María Solar polo texto "O libro que tes ao lado" con motivo do Día do Libro.
Agradecemos esta ocasión para darlle as grazas, de novo, a María Solar polo texto "O libro que tes ao lado" con motivo do Día do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario