Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo Cociña
de contos á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e
Gretel, no marco do proxecto europeo: Europa á carta.
Este libro é o resultado
deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica
Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos
fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por
Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no
conto dos irmáns Grimm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario