O libro da selva de Rudyard Kipling, en tradución de Rafael Salgueiro, acaba de ser publicado por Sushi Books.
Recóllese da presentación editorial: "Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O
pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello
oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. (...) Publicado orixinalmente en
inglés en 1894, o libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva
india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a
vida."
Nunca é tarde para volver aos clásicos, todo o contrario!
A través deste título, dámoslle a benvida a este novo selo editorial que engade valor ao sistema literario galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario