15/4/14

Fallo do Premio Compostela de álbum ilustrado

O VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado premio recaeu en Ícaro, obra do ilustrador Federico Delicado.
O premio está dotado con 9.000 euros e coa publicación nas cinco linguas peninsulares no mes de outubro. Segundo o xurado trátase “moi contemporáneo”, dun traballo “para pensar e sentir” pola súa capacidade para “aguilloar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez”. Tamén destacaron a súa “perfecta simbiose entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas”, e tamén que “non deixa indiferente a ninguén”, facendo “dubidar” os lectores sobre “onde comeza a realidade e onde remata a fantasía”.
Dende o punto de vista artístico, consideraron que rende “homenaxe aos grandes creadores, Franz Kafka e Edward Hopper”. A calidade plástica das ilustracións reflíctese, puntualizou o xurado, “nas atmosferas creadas que engaden profundidade e densidade á lectura”, con pistas que se apuntan en cada imaxe abrindo “a posibilidade a novas interpretacións”.
Ademais de acordar por maioría que “Ícaro” sexa a obra gañadora, o xurado do VII Premio Internacional
Compostela declarou finalista o álbum titulado “Sonho com asas”, das portuguesas Fátima Afonso e María
Teresa Martinho Marques, de Setúbal e Azeitao, respectivamente.
Pola súa calidade, o xurado recomendou a edición de “Antoni Gaudí”, de Dàlia Adillón Mars, da localidade
barcelonesa de Vic; “Pescadoras”, de Nadia Graciela Menotti Ayala, de Bos Aires; e Máquina Ballena”, de
Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos, de Vigo.
Información na páxina de Editorial Kalandraka.

No hay comentarios: