1/4/14

Libros e narracións sobre cociña


Soledad Felloza resultou ser a ganadora do I Premio de Narración Oral "Cociña de contos", co relato " A cociñeira do rei".
Este premio está convocado por OQO Editora para o Estado español,Portugal e Polonia.
O relato debía enviarser en video e o premio consiste en 2.000 € e a edición do libro en galego, castelán, portugués e polaco.
Soledad Felloza é unha coñecida narradora oral nada en Uruguai, que leva anos percorrendo Galicia cos seus relatos e fotos.
OQO Editora conbta coa colaboración das editoriais O Bichiño de Conto en Portugal e Tako en Polonia, así como co concello de Pontevedra, no programa Cociña de Contos. Europa á carta, unha iniciativa enmarcada no Programa Cultura 2007-2013 da UE.
Tamén se convocou un Premio de Ilustración no que resultou ganadora a obra deIratxe López de Munáin.

No hay comentarios: