"Vento que zoa" é un bo título, igual que o era "Vento de fóra" para a colección de traducións que na época na que Avilés de Taramancos era concelleiro de Noia, se publicaba desde a Casa da Cultura.
"Vento que zoa" é unha web que servirá de base para as iniciativas de difusión da música galega entre todos os públicos. Este é o punto de partida, a partir do cal, a Sección de Música do Consello da Cultura Galega quere levar o coñecemento da música clásica galega a públicos moi amplos, a través de Internet.
"Vento que zoa" permite escoitar e ver o traballo de varios compositores galegos clásicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario