O fin de semana pasado, Lugo converteuse nunha cidade de conto.
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu campUSCulturae, un proxecto coordinado polo profesor Xosé Antón Neira Cruz e financiado pola Cultura Agency da Unión Europea que se, desenvolveu na capital amurallada os días 19 e 20 de xullo, coa colaboración do concello.
Actividades que van desde a representación teatral no auditorio da Casa do Saber coa obra A rebelión do monicreque, a cargo dos actores da compañía Matapiollos a obradoiros de narración oral e teatro, expresión corporal e creación, ilustración ou obradoiros de reciclaxe e creación.
Lugares que mudan en espazos de conto como a Praza Maior, a Praza Anxo Fernández Gómez e o Quiosco da Música que mudaron en Praza de Aladino, Praza da Carapuchiña Vermella e a Praza de Alicia no País das Marabillas.
O circuíto de tapas Comer e contar…, todo é empezar, no que os hostaleiros lugueses ofreceron nos seus respectivos locais tapas propias de distintas gastronomías e culturas, todos de conto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario