Está a rematar o curso e chegan as desexadas vacacións.
As calificacións van acompañadas, moitas veces, das guías de recomendacións lectoras da biblioteca escolar.
Estaría ben que a rapazada e mocidade continuase a ler, por medio da biblioteca pública.
E estaría moi ben aproveitar a ocasión para que as familias lles agasallen libros.
Por iso, toda a publicidade que se poida facer neste sentido é pouca.
Démonos a man coas librarías e fagamos publicidade cultural.
É o momento de acordarnos desas librarías de proximidade e dos produtos do país, os editados en galego, os publicados en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario