O ministerio de Cultura ven de outorgar ao libro Ocultos, editado por Factoría K editora, o terceiro premio como Libro Mellor Editado no 2012 na categoría de Obras xerais e de divulgación.
Estes premios non teñen dotación económica pero son moi valorados polos editores polo que supóns de recoñecemento e prestixio ao seu traballo editorial, así como pola difusión que supón, ao ser incluídos nas accións de promoción do libro e expostos nas principais feiras do sector.
Ocultos, de Xulio Gutiérrez e ilustrado por Nicolás Fernández, é o cuarto título de "Animais extraordinarios", unha colección que pretende achegar, mediante textos asumibles para todas as idades e ilustracións artísticas de gran realismo, o espectáculo que nos ofrece a natureza. Outros títulos desta colección son: Bocas, Nacer e Construtores.
Libros informativos... ¡tan necesarios nas nosas bibliotecas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario