O premio Llibreter 2013, que outorgan os libreiros cataláns recaeu no libro La niña de rojo con texto de Aaron Frisch e ilustracións de Roberto Innocenti, publicado por Kalandraka.
Unha nova versión do conto de Charles Perrault, considerada a máis brutal e actualizada (ao conseguir trasladar os arquetipos deste relato ao noso mundo).
“O feito de que o premio o concedan os libreiros cataláns, un dos gremios máis antigos a nivel estatal, cáusame unha grande emoción”, explicou Roberto Innocenti.
E a nós énchenos de fachenda saber que é Kalandraka, unha editora galega, quen recolle este galardón.
Quen pode seguir pensando que as editoras galegas non teñen calidade?
Que máis premios terán que recibir para ver recoñecido o seu valor?
Mercar galego é mercar calidade, ou non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario