Recollemos dúas novas: por un lado a ameaza de peche dos cine Valle - Inclán en Santiago, que chega despois do peche total das salas de cine en Pontevedra, e por outro, dunha que recolle o esquecemento do cine dentro das facetas creativas de Roberto Vidal Bolaño.
Da primeira recollemos a entradiña: "Non é ningunha sorpresa afirmar que Roberto Vidal Bolaño (1949-2002) sempre quixo ser un cineasta. De feito, foron razóns cronolóxicas as que o impediron. “Cando ía estudar cine pechou a escola en Madrid e el sabía que en Galicia iso era un imposible” asegura Roi Vidal Ponte, o seu fillo, que está a elaborar unha biografía sobre a súa figura. Pero era un home teimudo e, na medida que puido fixo a súa contribución ao audiovisual galego. Aínda que esa faceta é a menos recoñecida neste ano que se recupera a súa figura tras serlle dedicado o Día das Letras Galegas."
E da segunda, a tristeza dese peche o 30 de xuño deste 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario