Nestes tempos de crise económica, están aparecendo alternativas á edición tradicional de libros coma o movemento crowdfunding, denominación inglesa que ven a significar "crowd", multitude, e "funding", financiamento. Algo así como un micromecenazgo a modo de subscricións populares ou achegas cidadáns para colaborar na edición. Esta axuda publicítase e xestionase a través de internet
En Galicia, asistimos á publicación exitosa do álbum infantil O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, por parte de A Porta Verde do Sétimo Andar e está en marcha o novo libro de Miguel Ángel e Luz, titulado A nena á que non deixaban ser feliz; e o proxecto de banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, de Carlos Sardiña e Pitusa Arias.
A plataforma de crowdfunding onde teñen presentado o proxecto é Verkami.
No hay comentarios:
Publicar un comentario