Kalandraka acaba de obter o terceiro premio aos libros mellor editados na categoría de "Obras Generales y de Divulgación".
Este é o recoñecemento que o Ministerio de Educación e Cultura lle outorgou en recoñecemento ao seu traballo coa obra Ocultos.
Esta obra conta con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández.
Neste caso, é a única presenza galega nunha listaxe na que o xurado valorou un total de 196 obras en cinco categorías.
Lembremos que esta editorial xa conta co "Premio nacional a la mejor labor editorial cultural 2012"
Falemos agora da obra:
Trátase dun libro informativo de gran formato no que se describen aqueles animais que se defenden tentando non ser vistos, é dicir, camuflándose.
Comeza coa árbore da vida e un esquema cos principais grupos do reino animal, para deterse en cada un deles: xaguar, o cazador nas sombras; lebre ártica, abrigo invisible; preguiceiro, xardín vivente; abetouro, unha xunca ao vento; camaleón, sinfonía de cores; serpefalsa coral, disfrazada de asesina; rafrecha, beleza mortal; solla, pel de area; peixe sapo, o peixe pescador; insecto pau e insecto folla, mestres da camuflaxe; bolboreta do bidueiro, adaptarse ou morrer; polbo, impostor inteliente...
Para finalizar, unhas pequenas fichas de cada un deles co nome en varios idiomas, datos de interese como lonxitude, peso, lonxevidade, alimentación... e curiosidades.
Un glosario resolverá as dúbidas que puideran xurdir ao longo da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario