De culturagalega.org recollemos a seguinte nova:
"A obra Leviatán valeulle ao galego Ramón Trigo o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado. O galardón, convocado pola Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil, está dotado con 7.000 euros e considérase un dos máis importantes no seu campo a nivel estatal. O premio destaca a orixinalidade da proposta pictórica do autor e a capacidade de crear unha historia anovadora con referencias clásicas."
Trigo xa tiña acadado varios premios entre os que destacamos o Ciudad de Alicante (co álbum Casa vacía, publicado en Anaya e o premio Internacional Álbum Ilustrado Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria 2007 con A casa da fin do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario