Da man da biblioteca do CEIP Os Casais, facémonos eco desta nova achega.
Lembramos a aparición da primeira entrega da seria arredor do mundo secreto do profesor Basilius Hoffman, O ladrón de soños. Agora, fai a súa entrada a segunda parte baixo o título Un faro na escuridade. Fantasía que sae do forno peza a peza, a demanda, para cubrir esa necesidade de soños. Urco é a editora que lle dou saída a esta aposta, dentro da súa colección Alcaian.
Da presentación editorial recollemos:
"A serie do mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue vários medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas escritas por Fernando M. Cimadevila e ilustradas por Iván Valladares coas que nos mergullamos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade."
No hay comentarios:
Publicar un comentario