Novamente, desde o CEIP Os Casais, se nos recomenda o seguinte libro O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz, apoiándose na páxina de lanzamento. De aí recollemos a descrición que segue:
O libro "(...) mostra dúas liñas de traballo esenciais (na súa obra), a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe «As paisaxes da memoria», reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada «O oficio de escribir», fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida."
No hay comentarios:
Publicar un comentario