26/3/14

Libros e lecturas no Salón do Libro de Pontevedra



Cociñando contos é o lema do Salón do Libro de Pontevedra, na súa XV edición.
Cociñando contos, poesías e demais, entrando na cociña a ler, levando os contos a todas partes, enchendo de versos os platos e de personaxes os fogóns. Entre o 14 de marzo e o 5 de abril, en Pontevedra, unha cita anual co mundo da literatura infantil e da creatividade.
Acceso ao programa, neste enlace.


25/3/14

Falar de autores e libros galegos nos extramuros


Semella que temos un problema de autoestima. 
Semella que teñen que recoñecernos fóra para que o fagamos nós.
Pois ben, a revista Babar fai públicos os nominados ao premio Alma Award 2014
Así nolo conta:
O 25 de marzo, no marco da Feria do Libro Infantil de Bolonia, darase a coñecer ao ganador do Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2014. Un galardón que foi creado en 2002 polo goberno sueco, tras o pasamento da autora infantil máis popular de Suecia, coñecida sobre todo polo personaxe Pippi Calzaslargas. A dotación do premio (cinco millóns de coronas suecas, é dicir, máis de 500.000 euros) convérteo no meirande premio internacional do mundo para a literatura infantil e xuvenil, e a talla do seu palmarés dá idea do prestixio que supón: Maurice Sendak, Christine Nöstlinger, Philip Pullman, Shaun Tan… A última en recibilo, no ano 2013, foi a arxentina Isol.
Este ano o único escritor español candidato é Agustín Fernández Paz 


24/3/14

Libros premiados na Noite da Edición




Cada modalidade dos premios Ánxel Casal que fora anunciando os seus finalistas nunha selección realizada polos propios editores, pasou a ser analizada por un grupo xurado de especialistas que decidiu cales eran os premiados. 
O premio Ánxel casal ao libro de ficción 2013 foi para O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila, publicado por Galaxia.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013 correspondeu a Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013 recaeu en Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, publicado tamén por Alvarellos.
Premio Lois Tobío á Tradución 2013 foi para Ulises, traducido por María Alonso,  Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia.
Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013 correspondeulle a Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editado por Kalandraka.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 recaeu en A Pantasma da Casa da Matanza  de Miro Villar, editado por Biblos.
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2013 foi para Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.
Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013 correspondeu a Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Antón Cortizas, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
E o Premio Xosé María Álvarez Blazquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013 foi para Berta Dávila.
A noite do venres 21 de marzo entregáronse estes premios á edición, na vila de Betanzos.



21/3/14

21 de marzo, lecturas de poesía


Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil.
Libros que fan intentos por atopalo.
Probemos...
Penúltimas tendencias de Carlos Negro chéganos despois de Makinaria. Mozos e motos. Mozas e moda. Hai unha poesía para mozos e outra para mozas? Probemos a ler, porque "En Europa, / todas as nenas / levamos un 36 que nos manca. / (dalgunha maneira)" escribira Emma Pedreira.

A modo de canción dedicada, este poema vai directamente para todas esas mulleres que son a arma letal da biblioteca (da nosa parte). Atención ás librarías que nun día coma hoxe promoven a compra destes libros...  

Fase Akane
(sublevación)

Aparta de aí!

Nin me roces
co alento.

Son a heroína
de cómic manga.

A arma letal
da biblioteca.

A única que leva
poemas na mochila.

Lista
para lle dar de hostias
á ignorancia.




20/3/14

Finalistas do Premio Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013 da Asociación Galega de Editores (AGE)

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013:  

Nicomedes o Pelado ilustrado por David Pintor, editado por Kalandraka
Pan de millo ilustrado por Dani Padrón, editado por Kalandraka 
Oliver Twist ilustrado por Daniela Volpari, editado por Baía.

17/3/14

Finalistas do Premio Xosefa Igrexas Villaverde ao Libro Educativo 2013. Premios Ánxel Casal da edición en galego.


Premio Xosefa Igrexas Villaverde ao Libro Educativo 2013 

Historia dos bonobos con lentes de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka 
Historia da literatura galega das orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena Sánchez 
Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.

14/3/14

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 Finalistas aos premios Ánxel Casal.

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 resultaron finalistas:

As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo
O galo Ernesto de Mondaporta,  editados por Baía
A Pantasma da Casa da Matanza  de Miro Villar, editado por Biblos
Xogos Musicais de Luis Prego e Marta Iglesias 
Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio
O carnaval dos animais de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho 
Pan de millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka
Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO
O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre
Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia
Un rato díxolle á Lúa de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.

12/3/14

Libros feitos a man con licenza Creative Commons



Séchu Sende é un autor coñecido por libros como Made in Galiza e Animais (no que a edición con ilustracións propias). 
Agora, presenta unha serie de cadernos de gran beleza utilizando moleskines xaponesas e unha conta en issu, con licenza Creative Commons.
Neste enlace pódese acceder ao caderno Os soños da Maré + Falarás a nosa lingua (imaxe superior).
A través do soportal da literatura galega lg3 podemos acceder a outros cadernos deste autor.

10/3/14

Lecturas para soñar. Cincentas e cincentos.

A Cincenta chegou a ser princesa; cumpríronse os seus soños. Pretty girl, confirmábao nos tempos actuais.
Os nenos tamén teñen dereito a alcanzar as metas, pero estas xa non son principados nin coroas nin tronos. os nenos soñan con ser grandes futbolistas... Disto trata Soños de fútbol en Bangui, escrito por Ives Finguilly, ilustrado por Laurent Corvaisier e traducido por María González; publicado por Galaxia na colección Árbore.
Estamos en África. Neno pobre e orfo que xoga ben ao fútbol. As posibilidades de formar parte da selección xuvenil véñense abaixo polas malas prácticas de enchufismo e compra de favores. A inxustiza é dona do mundo, pero non tanto: un antigo xogador do país é agora presidente da Confederación Africana de Fútbol e... casualidade de casualidades, no seu paso pola cidade ve como xoga o rapaz e consíguelle un bo contrato. A xustiza  prevalece sobre o soborno e a calumnia. En algo temos que crer!!!!!!!!!!!!!!!
Viva a cincenta convertida en princesa e viva o neno pobre convertido en futbolista de éxito!


7/3/14

Premio Lois Tobío á Tradución 2013. Finalistas aos premios Ánxel Casal.

Premio Lois Tobío á Tradución 2013:
Ulises, traducido por María Alonso,  Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia
Un ianqui na corte do rei Artur, traducido por Carlos  Acevedo, editado por Kalandraka
Tonino, traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO 
A arte da Guerra de Sun Zi, traducido por Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións
Eneida, traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos
Astérix e os pictos, traducido por Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais.

6/3/14

POETAS MALDITOS. POESÍA COMO VERDADE


Porque se foi Leopoldo Mª Panero e poden ser horas de ler algo da súa poesía, de lembrar experimentos como aquela película chamada El desencanto onde antes de inventar novas palabras para chamarlle, non sabiamos se estabamos ante unha película de ficción ou un documental...
Eran tempos nos que a loucura aínda tiña un halo moi estético e atractivo.

EL BESO DE BUENAS NOCHES
I
Padre, me voy:
voy a jugar en la muerte,
padre me voy.

Dile adiós a mi madre,
y apaga la luz de mi cuarto:
padre, me voy.

Dile a aquel niño que allá ríe,
no sé de qué, si de la vida,
mi nombre, sólo mi nombre
pon mis juguetes en buen orden
oso con oso, pon al perro
con el pájaro, en cuanto al pato
déjalo solo, al pato:
padre, me voy: voy a jugar con la muerte.

Había una llama, sí en mis ojos,
porque velaron tantas noches
y no logró nadie cerrarlos
sino yo; perdona, padre, que no hubiera
nadie, sino yo: me voy,
me voy solo a jugar con la muerte.

II

Padre, estoy muerto, ya, y qué oscuro
es todo esto:
no hay luna aquí, no hay sol ni tierras,
padre, estoy muerto.
Somos los muertos como enfermos
y el cementerio el hospital
para jugar aquí a los médicos
sábana blanca y bisturí
y tantas tumbas como lechos
para soñar: y son tan blancos esos huesos
padre tan blancos: como soñar.
Dicen los otros, los más muertos
los que ya llevan tiempo y tiempo
aquí vengándose de Dios
que vendrá el Diablo, el buen Diablo
que vendrá el Diablo con más flores
de las que nadie pueda traer.
Padre, estoy muerto, no estoy solo
padre, estoy muerto, tengo amigos
con quien jugar.

III

Madre, esos besos que en la tumba
aún me das
son despertar, son nuevo frío;
estuve vivo, ya lo supe
ahora déjame olvidar.

IV

Padre, estoy muerto, y es la tumba
una cuna mucho mejor
padre, no hay nadie, ya estoy solo
padre, si alguna vez de nuevo
vuelvo a vosotros , padre si otra
vez yo vivo no sé con qué voy a soñar.


5/3/14

Libros e discos. Texto e música...


As editoras están animadas a publicar libros-CD e o mercado está a enriquecerse con este novo formato.
Kalandraka, Ouvirmos, PAI Música, Galaxia, Xerais, Edicións do Cumio...
Nun artigo publicado na páxina do Consello da Cultura Galega lg3, fálase de tres categorías. Por un lado estarían os discos nos que adaptan poemas nos que resultaría un bo exemplo todo o publicado en soporte musical arredor da poesía de Rosalía de Castro (Na lingua que eu falo, Nas tardes escuras, A miña primeira Rosalía...), por outro osálbumes ilustrados para os máis pequenos nos que se reproducen e contextualizan as letras das cancións (Cartas eu veñen e van, Pan de millo, Os bolechas fan unha banda, Toc Toc...) e propostas destinadas a público xuvenil (A terra queima, A caza do ghazafello...) e, finalmente, as publicacións de información dedicadas á música na que os CD é o complemento imprescindible pois explícaa  e contextualízaa (Historia da música en Galicia, De roda en roda. Músicas do mundo, De Voces Ceibes a Milladoiro, Para cantar e bailar, Xogos musicais, Guía didáctica de instrumentos galegos...) E aínda habería que engadir aqueles produtos singulares como CoraSons nos que se complementa o texto, a música  e a fotografía, sne que esta última se poida considerar unha ilustracións ao uso.  

4/3/14

Libros para noites de hotel. Lecturas para todo tempo.

Relatos para noites de hotel é o título dunha pequena publicación de Pousadas de Compostela que continúa así un camiño que outros puxeran en marcha, léase Paradores ou determinadas cadeas hoteleiras. O que pode chamarnos a atención, neste caso, é que como corresponde ao tipo de establecemento, os relatos teñen relación co camiño de Santiago e a morte. É posible que don Gaiferos andivera a rondar as noites...
“Relatos para noites de hotel” recolle, en galego, castelán e inglés, os dous textos premiados no Certame Internacional de Relatos de Pousadas de Compostela, obras de Inma López Silva e Montsi Centinar.
Porque todos os lugares son bos para ler e porque todas as ocasións poden servir para crear un relato. Que tal "Un día na libraría" ou "Unha noite na biblioteca"?

28/2/14

Clásicos da literatura infantil en galego. Defensa da tradución



Arnold Lobel é un deses autores e ilustradores clásicos que ningún pequeno debería deixar de ler, e a ser posible na súa lingua. Neste caso podemos. Kalandraka, nese empeño por catalogar libros de sempre e versionalos en galego, permíteo. De Arnold Lobel, contamos con Sopa de rato, Contos de ratiños, O Porquiño e Tío Elefante.
Janosh é outro destes clásicos. Del contamos con Correo para Tigre, ¡Qué bonito é panamá! e Imos buscar un tesouro.
Xerais tamén publicou a Helme Heine: Os tres amigos e O coche de carreiras.

27/2/14

Finalistas dos premios Ánxel Casal ao LIBRO DE POESÍA E TEATRO


Os premios Ánxel Casal da edición en galego, convocados pola Asociación Galega de Editores, anualmente, publicaron os seus finalistas para esta edición.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía e Teatro 2013:
Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos
Espiral de Sombras de Xabier Seoane, editado por Kalandraka

25/2/14

Calendario profesional do libro e da lectura


Por primeira vez, a AGE (Asociación Galega de Editores) xunto coa AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) publican un calendario profesional do libro e da lectura.
Recolle as efemérides relacionadas co libro e a lectura así como outras de interese para o sector, como as datas das feiras internacionais ou as das feiras do libro de Galicia.
 

24/2/14

Os libros de Rosalía, os seus poemas musicados...



No 2013, cando se cumprían 150 anos da publicación de Cantares Gallegos,  tivemos a sorte de que apareceron moitas versión dos libros da poeta e de compositores que lle poñían novas músicas aos seus poemas.
A colección Poesía Completa Ilustrada de El Patito Editorial xunto cos estudos realizados por Anxo Angueira ou Pilar García Negro (entre outros), os libros de homenaxe da man das novas poetas, libros e músicas como o entrega A miña primeira Rosalía, as múltiples músicas...
Sempre Rosalía, dunha ou doutra maneira.

21/2/14

Libros finalistas dos premios Ánxel Casal AO LIBRO DE FICCIÓN 2013

Os premios Ánxel Casal da edición en galego, convocados pola Asociación Galega de Editores, anualmente.
A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.
Resultaron finalistas, nesta edición...
Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013: 

20/2/14

Superventas: unha triloxía sobre zombis



Urco editora acaba de presentar O comezo da fin, o primeiro volume da serie superventas, Apocalipse Z, do pontevedrés Manuel Loureiro. 
Proximamente será publicados outros volumes Os días escuros e A ira dos xustos.
Unha triloxía sobre zombis que foi publicada orixinariamente en castelán e adaptada ao cómic, está en proceso de paso ao sine da man de Vaca Films e Filmanova, baixo a dirección de David Alonso.
Calificado como o Stephen King español. A tradución ao inglés de "Apocalyse Z: The Beginning of the End" acadou o número un en ventas en Amazon dentro de la categoría Horror, por diante de Stephen King, o 13º na lista de libro electrónico, sendo un dos pocos autores contemporaneos en castelán que logrou superar a barreira dos 200.000 exemplares vendidos en Estados Unidos.

19/2/14

Máis libros de banda deseñada


Pere Tobaruela, o escritor galego catalán ou catalán galego capaz de xogar con todos os paus, lévanos agora ao mundo do cómic camiñando co lápis de Daniel Xove baixo o selo de Everest Galicia. Semella que Pere se apunta ao traballo en man común, que gusta de compartir ideas e palabras, faino con Ledicia Costas no dúo Pereledi escribindo a catro mans unha serie de intriga que conta cos títulos Ouro negro e Mortos de ningures ou en Letras de xeo para lectores máis infantís.
E faino agora cun debuxante pasando as súas historia a historieta.
Así nace O encanto da Pedra Chá. Situada no Barbanza (a Pobra e a Curota) lugares moi queridos por Tobaruela, a partir dun poema de Rosalía, nace o relato protagonizado por tres irmáns adolescentes de personalidade moi distinta pero intrigados por unha casa con segredo (a iso non hai quen se resista).
Flashbacks que van e veñen do sono á vixilia, dun pasado lendario ao presente de máis actualidade, o que eran riquezas ofrecidas por un noble poden ser agora drogas na man dun dj, o importante é o imaxinario que rolda as casas e as mentes, as paisaxes e as cores das páxinas que nos van dando pistas... coma as migallas de Polgarciño, polo libro adiante.

18/2/14

Libros para ler e cantar


Un libro - CD que se reedita. Aparecera en 2006 da man da editorial Primerapersona ilustrado por Lorena Pita e, agora, foi editado por Galaxia con ilustracións de María Lires. Cartas que veñen e van, está escrito por Susa Herrera, autora tamén das letras das cancións que interpreta o grupo Mamá Cabra.
O título responde a que o temas están escritos en forma de carta a difeentes animais e personaxes como Pai Nadal.
Este tipo de materiais teñen moito interese ao combinar o libro (cos seus textos e imaxes) coa música, de maneira que animan a cantar pero tamén a ler, a bailar e a mirar, a compartir momentos agradables e a facelo en galego.


17/2/14

Novos libros galegos na Lista de Honra do IBBY



 

A prestixiosa Lista de honra do IBBY que se actualiza cada dous anos, acaba de incorporar dúas obras, unha de creación, Palabras de auga de Marcos Calveiro, e outra pola tradución: Contos ao teléfono de Gianni Rodari en versión de Carlos Acevedo.
O primeiro dos libros está editado por Xerais e xa conseguira o premio Merlín 2012, o premio Fervenzas Literarias ao mellor Libro Xuvenil e o premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de Infantil e Xuvenil 2012.
O segundo está publicado por Kalandraka e xa contaba co premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado (AGE) en 2011

14/2/14

Lecturas informativas. Libros televisivos. Mascotas e criaturas.

Criaturas. Só lles falta falar nace dun programa da TVG. A partir del, van elaborando pequenas historias que ilustran con fotos, información relativa a diferentes animais. Trátase de mascotas, maioritariamente, que aparecen cos seus donos. E así vai entrando a nómina de gatos e coellos, burras e cadelas, pardais e curuxas, golfiños e iguanas, porcos e vacas, tartarugas e gansos, focas e morcegos, cegoñas... que de todo hai, máis ou menos domésticos, máis ou menos autóctonos.
Da autoría de Rocío González e Alfonso Pato, está publicado por Galaxia.

13/2/14

Un libro de Cortázar para os nenos e as nenas

Hai anos que perdemos a Cortázar... un día como onte.
En Los libros del zorro rojo, atopamos Discurso del oso de Julio Cortázar, ilustrado por Urberuaga.
"Esta historia que fora escrita para pequenos por Cortázar en 1952 quedez anos máis tarde a integrou no seu libro Historias de cronopios y de famas. Deste modo un texto escrito para nenos/as pasou a ser lectura de adultos e cincuenta e seis años despois “regresa” ao seu destinatario infantil orixinal nesta edición", así nolo conta Marcela Carranza en Imaginaria, recollendo tamén unha cita do gran escritor, que axuda a entrar no seu imaxinario literario.
“Yo vi siempre el mundo de una manera distinta, sentí siempre, que entre dos cosas que parecen perfectamente delimitadas y separadas, hay intersticios por los cuales, para mí al menos, pasaba, se colaba, un elemento, que no podía explicarse con leyes, que no podía explicarse con lógica, que no podía explicarse con la inteligencia razonante.”

12/2/14

Os mellores libros de 2013 para os lectores e as lectoras de Fervenzas Literarias


Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións, Fervenzas Literarias publica os resultados das votacións de 439 lectoras e lectores que decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2013. 

Con esta edición, son xa sete as convocatorias onde os lectores amosan a súa voz para reflectir os seus gustos e as súas preferencias literarias.
Mellor libro de narrativa adultos: Cadeas de Xabier López López
Mellor libro de poesía: Sobre ruínas de Xesús Rábade Paredes
Mellor libro de teatro: Isóbaras de Gustavo Pernas
Mellor banda deseñada: Operario de Jano
Mellor libro traducido ao galego: Ulises de James Joice
Mellor libro xuvenil: Nubes de evolución de Andrea Maceiras
Mellor libro infantil: Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro
Mellor libro de LIX traducido: A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly
Mellor autor do ano: Xabier López López
Mellor ilustrador do ano: Manel Cráneo
Mellor portada de adultos: A lúa da colleita
Mellor portada de LIX: Pan de millo
Mellor editorial: Xerais
Mellor crítico: Ramón Nicolás
O mellor acontecido: Culturgal
O peor acontecido: Os recortes en cultura
Mellor libraría: Andel
Mellor medio de comunicación: Praza Pública
Mellor blog: Caderno da crítica


10/2/14

Lecturas no bus. Campaña de fomento da lectura



"A literatura viaxa en autobús polas rúas de Compostela". "Le un libro e viaxa" porque "ti tamén es un Ser Libris". Desta forma, continúase a anterior iniciativa, que tanto éxito acadara.
Así nolo conta Fervenzas literarias, "dando a coñecer a nova campaña da AGE (Asociación Galega de Editores), que xunto co concello e a municipal TUSSA, organizan a campaña Ser Libris. A través desta proposta pretende fomentarse a lectura entre os usuarios do transporte urbano.
A campaña quere presentar a actividade da lectura como algo cotián na vida das persoas, así como facer visible a edición galega mediante textos de obras publicadas polos editores de AGE. Os textos propostos están impresos en vinilos que se colocaron nos autobuses urbanos para convidar os viaxeiros á súa lectura. Esta iniciativa estará presente nos autobuses ata o 20 de febreiro.
Os textos da campaña foron seleccionados polas editoriais participantes: Nova Galicia Edicións, KNS Ediciones, Ouvirmos, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, Baía Edicións, Tambre Edicións e Ediciones Linteo, empresas que contribúen corresponsablemente ao financiamento do proxecto campaña.
A selección inclúe libros para nenos e para adultos; textos literarios ou divulgativos; sobre cociña, pintura... Hai referencias clásicas e tamén contemporáneas, de escritores galegos ou traducidos".

3/2/14

Premios para libros de editoras galegas

 
A Fundación Catro Gatos, de Miami, creada polos escritores Sergio Andricaín e Antonio Orlando Rodríguez, ten como unha das súas finalidades a difusión de literatura infantil e xuvenil de calidade entre a comunidade de orixe hispano dos EEUU. Cada ano publican os premios da Fundación, un listado de vinte libros altamente recomendados polos seus valores literarios e plásticos. Neste 2014, entre os premiados están Montañas na cama, de Maricuela, publicada por  OQO Editora;  Bululú, de Beatriz Giménez de Ory e El Idioma Secreto de María José Ferrada, ambos os dous de Faktoría K de Libros.