24/3/14

Libros premiados na Noite da Edición




Cada modalidade dos premios Ánxel Casal que fora anunciando os seus finalistas nunha selección realizada polos propios editores, pasou a ser analizada por un grupo xurado de especialistas que decidiu cales eran os premiados. 
O premio Ánxel casal ao libro de ficción 2013 foi para O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila, publicado por Galaxia.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013 correspondeu a Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013 recaeu en Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, publicado tamén por Alvarellos.
Premio Lois Tobío á Tradución 2013 foi para Ulises, traducido por María Alonso,  Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia.
Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013 correspondeulle a Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editado por Kalandraka.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 recaeu en A Pantasma da Casa da Matanza  de Miro Villar, editado por Biblos.
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2013 foi para Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.
Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013 correspondeu a Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Antón Cortizas, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
E o Premio Xosé María Álvarez Blazquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013 foi para Berta Dávila.
A noite do venres 21 de marzo entregáronse estes premios á edición, na vila de Betanzos.



No hay comentarios: