As editoras están animadas a publicar libros-CD e o mercado está a enriquecerse con este novo formato.
Kalandraka, Ouvirmos, PAI Música, Galaxia, Xerais, Edicións do Cumio...
Nun artigo publicado na páxina do Consello da Cultura Galega lg3, fálase de tres categorías. Por un lado estarían os discos nos que adaptan poemas nos que resultaría un bo exemplo todo o publicado en soporte musical arredor da poesía de Rosalía de Castro (Na lingua que eu falo, Nas tardes escuras, A miña primeira Rosalía...), por outro osálbumes ilustrados para os máis pequenos nos que se reproducen e contextualizan as letras das cancións (Cartas eu veñen e van, Pan de millo, Os bolechas fan unha banda, Toc Toc...) e propostas destinadas a público xuvenil (A terra queima, A caza do ghazafello...) e, finalmente, as publicacións de información dedicadas á música na que os CD é o complemento imprescindible pois explícaa e contextualízaa (Historia da música en Galicia, De roda en roda. Músicas do mundo, De Voces Ceibes a Milladoiro, Para cantar e bailar, Xogos musicais, Guía didáctica de instrumentos galegos...) E aínda habería que engadir aqueles produtos singulares como CoraSons nos que se complementa o texto, a música e a fotografía, sne que esta última se poida considerar unha ilustracións ao uso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario