21/3/14

21 de marzo, lecturas de poesía


Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil.
Libros que fan intentos por atopalo.
Probemos...
Penúltimas tendencias de Carlos Negro chéganos despois de Makinaria. Mozos e motos. Mozas e moda. Hai unha poesía para mozos e outra para mozas? Probemos a ler, porque "En Europa, / todas as nenas / levamos un 36 que nos manca. / (dalgunha maneira)" escribira Emma Pedreira.

A modo de canción dedicada, este poema vai directamente para todas esas mulleres que son a arma letal da biblioteca (da nosa parte). Atención ás librarías que nun día coma hoxe promoven a compra destes libros...  

Fase Akane
(sublevación)

Aparta de aí!

Nin me roces
co alento.

Son a heroína
de cómic manga.

A arma letal
da biblioteca.

A única que leva
poemas na mochila.

Lista
para lle dar de hostias
á ignorancia.




No hay comentarios: