* A Editorial Fosfatina súmase co seu 
primeiro lanzamento ao panorama da banda deseñada galega.  
Griza Zono é o título do traballo do vigués Andrés Magán, que debuta 
cunha publicación experimental de 48 páxinas en branco e negro.
* O Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano o traballo dunha 
persoa ou entidade a prol da novena arte no noso país, foi para o crítico e dinamizador Henrique 
Torreiro. Valórase a súa longa traxectoria de 
máis de vinte anos desde o colectivo Phanzynex e a organización das propias 
Xornadas de Ourense ata o seu labor como divulgador, dentro do cal desdenvolve a 
súa columna de opinión en Culturagalega.org. 
*O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira 
edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar as ameazas reais 
que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías.
*Un novo traballo de Tokio, en Demo Editorial. A causa do 
crime, unha historia de 50 páxinas a branco e negro que reúne sindicalismo, 
a corrupción, represión policial ou terrorismo na Galicia dos anos 80. A 
historia, publicada por entregas en 1987 no xornal A Peneira ve a luz 
agora cun argumento ampliado e nova realización gráfica. Está previsto que o 
volume saia á venda a comezos de agosto. 
 
 



 
No hay comentarios:
Publicar un comentario